Blog

 Charla informativa en Cortegada acerca do programa Leader 2014-2020

Imprimir admin15gdr - 24-Febreiro-2017 - 13:49:26 

O xoves 23 de febreiro, o equipo técnico do GDR12 impartiu unha charla sobre o programa LEADER 2014-2020 no concello de Cortegada. Esta actividade forma parte dunha serie de charlas que o devandito GDR impartirá por todos os concellos do territorio que así o soliciten. O vindeiro sábado, día 25 de febreiro, realizarase ás 11.00 h da mañá no concello de Beariz. O luns 27, será no de Castrelo de Miño ás 20.00 h. O xoves, 2 de marzo, ás 19.30 h en Laias. O venres 3, ás 20.00 h, no de Carballiño. E o venres 10, ás 20.00 h, en Arnoia.

Estas axudas, que repartirán para esta primeira convocatoria máis de 800.000 euros en todo o territorio Carballiño-Ribeiro, están destinadas tanto para entidades públicas como privadas, xa sexan proxectos produtivos (que xeran riqueza) como non produtivos (que xeran benestar social), asociacións, mancomunidades, autónomos, e mesmo particulares que queiran crear empresas.


GDR12 Cortegada
VisualQ